Mostrando entradas con la etiqueta exposición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposición. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de enero de 2010

Retoque Fotográfico

Primeiramente felicitar ós compañeiros pola súa exposición, ben exemplificada, amena e entretida como non podía ser menos. Despois dicir que o tema que escolleron trae cola e podería levarse por múltiples vieiros segundo o tipo de fotografía, o contexto no que está inscrita e implicación moral que esta pode ter segundo o emisor e o destinatario do documento, así mesmo e sempre dende unha óptica persoal consideramos que non hai nada de malo nun retoque xustificado, e en maior ou menor medida aí reside a graza do xogo fotográfico que o autor desta entrada compara co exercicio dun árbitro, ó que se en vez de dispolo diante das xogadas e confiar no seu instinto e xuízo se lle puxera unha cámara onde todo estivera seguro e controlado. O retoque non ten porque ser malo nin denunciable, se este non traspasa os limites da corrección, termo que dispoñemos como o momento xusto no que se agrede a integridade de alguén ou dalgún conxuno.

Enganar é unha tarefa sobriamente criticable, pero do mesmo xeito as mentiras encubertas poden chegar até ter certo seguimento, mais precisamente esta situación contempla e suscita en nós un estado de permanente alerta, ou canto menos esta é a nota dominante de parte da poboación escéptica fronte ó que os medios anuncian e predican. Noutro orde de cousas hai que saber que tamén é un perigo se co retoque promovemos modelos e estereotipos facilmente asimilables por un sector da cidadanía que poidan provocar danos lesivos na súa concepción sobre si mesmos, tal e como vimos no traballo, he aí onde os límites se establecen con máis forza e onde nos tomamos moi en serio o que vale e non vale no tema da manipulación.

Xa para rematar, cabe destacar que o feito do retoque e a modificación fotográfica non é algo recente, o único que os medios dixitais deron pé a un proceso de edición moito máis rápido e eficaz, malia todo deixamos algúns exemplos de manipulación de tempos anteriores.




La manipulación de la célebre fotografía de un soldado soviético izando la bandera con la hoz y el martillo sobre el Reichstag berlinés, en 1945, quedará al descubierto como exponente de un prehistórico fotoshop de la propaganda de Moscú.

http://www2.deia.com/es/impresa/2008/05/05/bizkaia/kultura/464675.php

Outra da URSS esta de 1917




Fotografía orixinal de 1917, no cartel do edificio pódese ler “Reloxos, ouro e prata”.



Fotografía trucada, agora lese: "Loita polos teus dereitos" no mesmo cartel. Ademáis na bandeira da fotografía orixinal agora pode lerse "Abaixo a monarquía, viva a República"

Máis exemplos ---> http://www.taringa.net/posts/noticias/2067466/fotografias-trucadas-de-la-urss.html

Vídeo na web

Este fenómeno considérase como un dos máis relevantes que ten achegado todo o mundo virtual relacionado con Internet. Dende logo que non poderiamos entendelo sen ser conscientes de que a parte novas conexións e do papel globalizador que ten amosado a rede existen outros factores que teñen provocado o éxito finalmente alcanzado. Cámaras, de todos tipos e tamaño, incluso móbiles, provocaron a democratización máis que evidente do audiovisual, o único que se precisaba entón era un soporte dado, útil para que cadaquen puidera dar o salto e achegar as súas publicacións ó maior número de persoas.

Polo tanto consideramos o fenómeno Youtube e derivados como unha achega excelente para comprender que o poder mediático non está única e exclusivamente monopolizado por prensa, radio e televisión; senón que internet para ben ou para mal ten ficado na vangarda informativa en todos os sensos, dende os rexistros máis formais até os máis desenfadados. Precisamente aquí é onde radica a diferenza co resto de soportes, no control que estes levan implícito pola súa propai condición de medio de masas que posúen unha liña editorial concreta, en contraposición internet ofrece unha marxe de expresión moitisimo máis ampla que calquera outro medio, o problema xurde entón sobre o papel ético que esa liberdade desempeña e até que punto se considera legal ou ilegal publicar certo tipo de contidos.

Ditas estas aproximacións sobre o contexto no que se desenvolve na web, dicir que o traballo dos nosos compañeiros nos serviu para compilar as diferentes formas que temos para dispor os nosos documentos audiovisuais na rede, así mesmo como estes chegan e se distribúen pola rede, do mesmo xeito como este tráfico de bytes e imaxes poden chegar a un ou outro destinatario de modos diversos e nun gran número de veces sen que nos poidamos repeler ou contradicir ese intercambio, en gran medida, por mor do uso de programas como Realplayer, que violan as barreiras da publicación e a fan accesible a calquera público.

Despois de facer ver isto, deixamos algún exemplo de youtube, deixando ver a cara que nos ofrece esta páxina en contraposición co diario da TV, ou noutro orde de cousas como os momentos máis rechamantes da pequena pantalla teñen lugar na rede, onde quedan definitivamente ancorados, como nunha inmensa biblioteca, alá van uns exemplos de personaxes que se teñen convertido en auténticos fenónmenos youtube.







viernes, 25 de diciembre de 2009

Xa postos: Calidade dos contidos

Despois de facer o comentario sobre a exposición relativa ó logotipo, vamos proceder á comentar á outra que se exhibiu ese mesmo día. Aquela relativa á calidade de contidos, que exploraba a presentación e combinatoria dos diferentes deseños web. Estivo ben formulado dende a óptica de que tiña un enorme número de información ben sintetizada e que de seguro estaba traballada polos compañeiros, quen traduciron todos os items presentados.
Os exemplos sobre as páxinas webs dadas sintetizan e exemplifican perfectamente cales son os erros máis frecuentes na posta en marcha dunha web, son exemplos hiperbolizados, pero precisamente a través desta esaxeración un é quen de contrastar o traballo ben e mal feito.
Xa que logo deixamos ver as principais conclusións sonsacadas sobre o tema:
1. Unha web debe ser unha ventá cara o exterior, debe ser un cadro sobre o que dispor a nosa vista, un xogo de perspectivas onde deixar que os nosos ollos se deslicen. Todo debe estar a altura destes e non se deben confundir os camiños que o usuario poida ter imaxinado, debe facérselle unha guía práctica a través dos diferentes documentos incluídos.
2. A veracidade dos contidos web é unha máxima da que se debe encargar o deseñador web, posto que o lector ten por costume crer todo o que ve, e dar por suposto que se está na rede é certo. Senón coidamos isto, contribuiremos a intoxicar dun xeito consecuente a rede.
3. A síntese de contidos é esencial para captar a atención do usuario, porque este é un consumidor voraz de informacións, actúa de modo compulsivo e discrimina as informacións pola súa simple extensión sen reparar se cabe no contido.
4. A calidade exprésase en deseño, e o deseño exprésase en estética e contido. Dito isto sacamos en conclusión que calquera web é unha cadea lóxica de procedementos e pareceres varios que están construídos mediante unha concatenación lóxica, ningunha parte sobrevive sen a outra, polo tanto a web eríxese como un todo común.
5. A nosa web debe ter continuidade consigo mesma, ampliando e renovandoa en curtos períoodos de tempo e así mesmo debe contribuír a construcción dun hipertexto común onde se establezcan relacións con outras páxinas do estilo ou con temas complementarios, que permita ampliar a temática e calidade da mesma.
Deixamos unha serie de enlaces interesantes sobre o tema:
http://www.20minutos.es/noticia/182781/0/peor/pagina/web/ Ésta es la peor página web del mundo
http://www.guiartemultimedia.com/nuestraswebs/websitealbum.html Un sitio para conocer páginas web bien diseñadas
Saúde!

domingo, 20 de diciembre de 2009

Sobre o logotipo

Cunha tardanza que debería estar lexislada no código penal dispoñemos, neste tempo de asueto, a comentar os traballos expostos polos compañeiros durante estas últimas semanas. Paso por paso e dando conta dos aspectos máis destacables, sempre dende a nosa personal óptica.
O primeiro que ocupará a nosa crítica e debate será aquel referido ós logotipos, onde puidemos ver unha achega consensuada á forma e evolución do simbolismo de marca, contando coa participación de fontes exteriores, mágoa non ter visualizado a entrevista mantida polas compañeiras coas "Marujas Creativas". Dicir sobre isto, que non nos quedaron moi claros cales foron os motivos polo que elas optaron por non amosarse fisicamente. Mellor non fagamos elucubracións sobre o feito e fagámonos os entendidos ó redor do tema, enumerando as caracterísicas máis destacadas.

1. Debemos deixar claro que o logotipo é forma e texto e malia que haxa logotipos sen texto, o aconsellable é que ambas as dúas instancias estean presentes na nosa entidade de marca. Así mesmo cada un dos elementos ten a súa propia dinámica e estrutura polo que a escolla é separada pero sempre atendendo a un todo común.
2. O logotipo debe crear impacto e memorización, por moi estético que sexa, por moi revirado e barroco que chegue a ser, se só se queda niso, nunha estética superficial, non conseguirá o efecto desexado de cara o consumidor.
3. A variedade e complexidade dos iconos de marca sítúase nunha escala moi ampla e dentro da cal existen moitos contextos. O que si debemos ter en conta é que na medida do posible é aconsellable que sirva de referencia ó noso obxectivo como empresa, ó produto que traballamos, ó que ofertamos; unha excesiva abstracción pode provocar ruído semántico e imposibilitar o asentamento da figura na nosa memoria.
4. A forma dun logotipo é dinámica e polo tanto sofren cambios da man da empresa ou entidade á que representan, readaptándose ós tempos para recoller e retomar ós públicos ós que pretende seducir, así mesmo amosara unha imaxe de innovación e modernidade que contribuirá a evidenciar o progreso da entidade.
Dito isto deixamos o primeiro resumo das exposicións. En concreto sobre esta, dicir que malia ser un tema de certo concreto souberon chuchar a substancia que o tema podia ter, facendo a partes tales como a entrevista, sobre a que queda esa pexa anteriormente comentada.

E xa para rematar uns logotipos do máis curioso para evidenciar que non todo é tan sinxelo como parece.

Este logotipo da Orquestra Sinfónica de Londres, é na súa composición unha liña curvada que representa un gráfico curvo e distante que se se observa no seu conxunto organizado, da como resultado as letras ou iniciais de London Symphony Orchestra.


O logo de Cattleyard promotios é unha sinfonía interesante. Non só mestura instrumentos musicais na súa composición, senón que lle dan unha forma de vaca e ó final iso é o que representa todo o compendio de figuras e formas, unha vaca.

Unha variación linela na estrutura do logo de Seven and Six, onde unha liña fai trazos sen perder a súa continuidade orgánica e forma un 7 e un 6, ademáis do símbolo & que é un clásico.

Por agora, isto é todo.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

A través da tipografía: reflexión.

Dándolle un poco de brío ó tema facemos a seguinte descuberta ó redor da exposición sobrea a tipografía, elemento que nos tamén tocamos dun xeito máis ou menos sintético para non pisar a exposición do grupo que compartiu hora con nós.

Así, sobre o dito admitimos:

  1. Que a tipografía ten unha significación máis aló da sua representación identitaria ou estrutura. A escolla dunha ou outra fonte permite unha semántica visual concreta e uns efectos sobre o lector que doutro xeito non poderían determinarse.
  2. Aprendimos tamén que a tipografía ven a considerarse un arte, debida a súa capacidade para facilitar a comunicación das mensaxes. Así o xogo dunha ou outra textura letrística xoga coa atención do lector.
  3. Descubrimos que a escolla dunha ou outra familia tipográfica configura unha identidade, sobre a que pivote un conxunto de sensacións que pervivirán sempre que manteñamos esta elección. De aí que as veces a forma destaque sobre o contido cando se trata duna mera lectura visual e non textual.
  4. Debemos prestar unha atencións espcial as diferentes estruturas e xustificados que podemos facer cos parágrafos, xa que todos eles teñen algún elemento positivo que á súa vez se ve contrarrestado por outro. É por iso que debemos dispoñer mentalmente que xustificación vamos usar aténdonos ó texto que estamos a referir. Non sigue os mesmos patróns a escrita dun poema que dunha texto informativo.
  5. Debemos ser conscientes de que malia darlle unidade a todo o noso repertorio textual hai que mirar porque cada un dos elementos integrantes, tales como o título ou as notas a pé de páxina, gocen dunha independencia relativa que garanta a función de todos eles.

Exemplo tipográfico que presenta unha identidade cultural propia a través da letra dun autor como Castelao. Construída e reutilizada en base a súa propia escritura manual


Sobre o noso tema, xa non facemos ningunha aproximación máis. A partir do debate formulado nas anterior entrada pretendemos facer máis fácil a reflexión e recopilación de elementos útiles para os futuros proxectos web. En breves penduraremos o power point dende o cal partimos para elaborar a parte oral da nosa exposición.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Continuación

Sobre o guión primeiramente establecido na entrada anterior realizamos unha rectificación a través do comentado na clase de hoxe.

Así deixaremos de lado a contextualización histórica centrándonos maiormente sobre o punto 3. Dentro deste afondaremos máis na visión dos items que poidan repercutir nunha análise do soporte que sirve de base para este cuadrimestre: a web. Así liña, punto... poderán ser prescindibles nun recoñecemento exhaustivo da estructura web.

Para completar o proxecto dotaremos á nosa exposición de exemplos, que permitan unha mellor asimilación dos conceptos presentados no discurso.