domingo, 18 de abril de 2010

Valoración das webs

A valoración que a continuación vou dispor sobre os traballos feitos ten unhas condicións previas que merecen ser comentadas. A primeira delas é que non vou calificar cunha nota dispar a ningunha delas evitando as posibles xerarquías que se poidan dar. Cada traballo presenta 8 puntos iguais, todos eles innegables e xa que logo non vou ter dúbida en situalos a todos nunha mesma norma. Os 8 puntos son:

1. Traballo
2. Esforzo
3. Tempo
4. Idea
5. Creatividade
6. Aplicación dos contidos dados
7. Documentación
8. Resultado

Xa que logo a nota que dispoño para cada un dos traballos é un 8, en acorde a todo o dito anteriormente. Isto non é un xeito de non mollarse e de ficar neutral fronte a todo o realizado, mais non considero apropiado pecar de valoracións sobre uns mesmos, sei que é moi atractivo poder dar unha nota e sentirse por primeira vez con ese poder, pero pola miña parte considero máis obxectivo comentar e falar sen necesidade de imporse unha pauta numérica. Poño un 8 para deixar dous puntos libres que recaería no esforzo por darlle continuidade a cada un dos proxectos e polo feito de non pensar que está todo dado e feito.

Dito todo isto, vamos proceder a análise das páxinas, unha por unha, dando o comentario de valor que se merezan:

Bang

Un deseño ben argumentado, uniforme con facilidade de acceso, curioso e simple. Non fai falla ser un enxenieiro da informática para chegar a manexala con facilidade. O problema destas páxinas cunha idea fixa, que se cabe é orixinal, é que non teñen continuidade e cedo quedan obsoletas. O máis sobresaínte deste proxecto é a imaxe que logra conservar a páxina en todo momento. No pequeno plano das críticas vemos unha cativa trasposición de elementos nalgún dos menús, polo que non se fai doado ubicar os elementos. Polo demáis todo correcto.

Revolucine

A idea é tremendamente orixinal, ademáis de que procura unha interactividade co visitante bastante grande. O malo é saber de que vai a páxina en cuestión, pero tampouco nolo ían a dar todo vendido, deste xeito é máis posible que a páxina poida ser visitada por enteiro. Non só debemos valorar o aspecto visual das páxinas, o contido é de certo moi relevante, e máis nesta ocasion onde os tests están currados e teñen traballo detrás. As instruccións son sinxelas, o que facilita moito porse mans a obra sobre os contidos da web.

Maldia

Unha idea doadamente abordable, posto que xa hai un perfil sobre onde situarse. En canto ó deseño está adaptadado ás necesidades da páxina. Agás algunhas discordancias cos menús que hai nalgunha das páxinas funcina todo correctamente. Ten trazos de ser actualizable e está ben o feito de dispor un amplo abano de redes sociais a través das cales poidan darse a coñecer. De todos modos estaría ben que aproveitaran mellor o espazo dispoñible, xa que hai algún que outro espazo sen usar.

As tres en punto

En principio o deseño está continuado na estrutura da páxina e iso dalle certo rigor. Malia a todo, resulta algo sobrecargado e barroco que non segue o mesmo camiño con diferentes tipografías e elementos que atopamos ó longo da páxina. Está ben o de que se dispoñan exemplos de cada unha das persoas que fan parte a web, pero nalgunha das seccións, coido que na de Olaya non funcionan ben os enlaces o que dificulta ter unha visión correcta sobre o contido da mesma. Por veces a unidade que pretenden darlle á paxina queda algo diluído polo personalismo dalgunha das seccións. Os vídeos completan as versións que se dan de cada unha das persoas, punto ó seu favor.

Neoteristad

De entrada case me trabo a lingua ó tentar pronunciar o nome da páxina, pero coido que se debe máis os meus problemas de dicción. A páxina de entrada é super-onírica, certamente me chama atención pero non me esperaría que viñera un cargando tan fulgurante despois, pero como transición non ten prezo. Os contidos son orixinais, están traballados e a inventiva sempre é moito máis valorada que falar dun mesmo, baixo o meu parecer. Padece do que moitas páxinas, de cubrir todo o espazo segundo a resolución pero canto menos os elementos están acorde ó conxunto. Quizais a estética pregoe algo diferente á unha axencia publicitaria pero non quita que teña un puntiño de misterio a cousa detrás das cores apagadas.

As de corazóns

Os compañeiros nesta ocasión sacan partido dun tema que en principio non tería moito de aproveitable pero que conseguen reconducir mediante doses correctas de humor. En canto ó deseño perde un pouco a coherencia por veces non por cores senón polos cadrados dos textos que ó non aparecer limitados xurden un pouco incómodos visualmente mais pola contra son un exemplo de lexibilidade. Os contidos están traballados máis quizais poderían estar mellor distribuídos no respecto ós menús de todos modos ó conservar unha estrutura común podemos chegar a ter certa idea de guía a través dos contidos.

Madreselva

Nótase que a páxina está traballada, por alguén que sabe como facer webs, seguramente con máis coñecementos que moitos de nós e iso sempre se evidencia. A idea parte dunha base sólida que a da o coñecemento sobre o propio tema, por iso mesmo non cabe facer crítica sobre iso mesmo. Quizais o tema do menú duplicado sexa algo contraditorio en comezo e máis que localizable provoque confusión sobre a funcionalidade de cada un dós mesmos. O blog é un enorme complemento á páxina e posúe unha cantidade de información que podería ser revertida na propia web aínda que fora de modo sintético, a integración lle daría un toque máis unitario. Polo demáis cumplimenta as necesidades que a empresa en cuestión podería necesitar.

Chita Fan Club

A idea, todo hai que dicilo me parece tremendamente orixinal, canto menos xira ó redor dunha suposición que non se terá feito moita xente e iso sempre agrada até ás mentes máis clásicas. Por unha vez unha cor estable e homoxénea como a que se presta de fondo si serve para dar forma continuada á páxina, en contraposición cun fondo máis alborotado que dificultaría a lectura. Se estiveran máis traballados os contidos, podería ter sido un proxecto mellor. Algún despiste na distribución dos elementos tamén o podemos ollar, que non sería máis que o destaque do amplio espazo dispoñible para a páxina, difícil de cubrir como observamos noutros exemplos.

Transportes M. Gesteira

A través dunha vista previa da páxina podemos ver un deseño coidado e aparentemente uniforme, feito mediante coñecementos flash, que malia todo poderían ser reutilizados con calquera das destrezas que ofrece en si mesmo o Dreamweaver. Quizáis ó empregar este modelo de páxina sería aconsellable facer máis atractiva a presentación mediante algunha intro feita en flash tamén, para que quen visite a páxina poida establecer un contacto previo cos contidos. O contacto plantea unha interactividade algo limitada que a título persoal cubriría con algún formulario web ou algo polo estilo. O do mapa malia que foi explicado en clase, debería ser algo que se solventar co tempo posto que pode confundir ó futuro visitante diante dos servizos ofertados. Así mesmo ó ser unha empresa e precisar venderse deberían darse exemplos efectivos dos compoñentes e das ofertas presentadas.


Deporte no es solo fútbol

A páxina cumpre as expectativas que ofrece e quizais as amplía con outros coñecementos e servizos que en principio non requeriría, tales coma un foro, un variado conxunto de enlaces e algún que outro pasatempo que permite desfrutar da páxina. Lidas o resto de críticas, apreciáse unha sensibilización ó redor do fondo. Certo é que son cores un tanto atrevidas mais non son tan fortes como para que discorde coa lexibilidade do texto, respecto a este quizáis si podería estar mellor repartido no espazo, pero a cuestión de novo é saber que facer co espazo con estas páxinas que pretenden abarcar a pantalla enteira. Ten un detalle a destacar que podemos ver no título prestado ás fontes de información, cousa que outras páxinas non teñen. Quizais si debería estar mellor repartido o tema dos enlaces que non figuraran tan de golpe, pero respeta a privacidade e a autoría dos contidos.

Mequetefres

O que a primeira vista chama atención é o elevado número de tipografías que presenta, que quizáis poidan dar pé a unha maior comprensión cos contidos, combinando contido e formdos. Aínda así en certas partes é unha catástrofe visual descubrir o que hai detrás de cada unha das seccións. Nun intento por descifrar e dotar de identidade á sección perdémonos un pouco. Malia todo o contido está diversificado e podemos atopar de todo a páxina respecto ó grupo do que trata. Arte ten, non cabe descartalo pero ás veces hai que procurar exemplificar as cousas dun modo identitario pero tamén descriptible.

Setevalaolla

O tema é como é, e diante diso non podemos criticar máis ou menos simplemente atende a sensibilidades de cada un. O rosa pode ser a cor máis en relación o tema pero aínda así resulta lixeiramente chirriante. Hai contidos diversificados, quizais deberían estar máis traballados en solitario e dotados dunha estrutura propia. A páxina é de doado acceso posto que non hai moitos índices que trabar e tratar diante do tema. Nunha páxina deste tipo quizais se podería facer unha presentación máis ampla ou polo menos con algunha referencia que acreditara os contidos da páxina.

Mastercav's

O traballo feito polas compañeiras é digno de admirar, sábese ben que malia que parte dos contidos lle foron suministrados por xente afín a súa consecución non foi nada doada. É interesante a achega colectiva que se fai sobre a clase, dun modo diversificado e situados todos nós nun plano de igual a igual. Quizáis a expansión dos contidos debería non extenderse até os límites que o fai en cada unha das páxinas, e ás veces algún cambio de texturas e fondos co obxectivo de facerse máis dinámicos poden desconcertar un pouco, aínda así non cabe moitos defectos a destacar a unha páxina na que se presenta un amplo e nutrido material de imaxes e textos que locen por igual na configuración da web. O vídeo de presentación da páxina fáise un pouco longo pero non quita que se dean opinions diversificadas do que a páxina pode supor.

SMDB

En canto ó concepto sobre o que se traballa paréceme atrevido e á vez orixinal. O espazo web está currado, nótase que hai traballo e coñecemento por detrás e iso inflúe na súa posta en práctica, quizais o espazo atribuído ó propio texto sexa algo reducido pero o entorno multimedia no que se dispón prevalece sobre o resto das carencias atopadas. Gústame a combinacións de cores e malia que o son non debería estar presente nunha páxina web neste caso si que se sabe levar ben a través do menú que coordina co resto de elementos.

Frikisports

Ó comezo o produto dun propio debe ser analizado con caridade debido ó tempo empregado, mais ó final un cae máis na autocrítica. Os contidos son variados e diversos, quizais a concreción dos mesmos podería estar mellor preparada ou poderiamos ter unha letra máis lexible que cubrira o espazo. Alén diso trato de pensar que se fixeron os contidos do xeito máis comprensible posible e cunhas doses de humor que procuraban o orixinal en contra dos límites ideolóxicos. A sinxeleza é un dos trazos que se procura en calquera das partes e se ás veces se combinan tipografías e cabeceiras diferentes é por dotar dun sentido de unidade a cada unha das mesmas. Tivemos uns problemas terribles da disposición final dos elementos que desluciron o sentido da web en si mesma. De todos modos os baleiros en branco que se atopan son por efectos da base sobre a que se traballa onde se tivera validez o proxecto debererían existir banners ou resto de publicidades. Aínda así hai orgullo polo feito.


Denís Iglesias Llamas


sábado, 23 de enero de 2010

Retoque Fotográfico

Primeiramente felicitar ós compañeiros pola súa exposición, ben exemplificada, amena e entretida como non podía ser menos. Despois dicir que o tema que escolleron trae cola e podería levarse por múltiples vieiros segundo o tipo de fotografía, o contexto no que está inscrita e implicación moral que esta pode ter segundo o emisor e o destinatario do documento, así mesmo e sempre dende unha óptica persoal consideramos que non hai nada de malo nun retoque xustificado, e en maior ou menor medida aí reside a graza do xogo fotográfico que o autor desta entrada compara co exercicio dun árbitro, ó que se en vez de dispolo diante das xogadas e confiar no seu instinto e xuízo se lle puxera unha cámara onde todo estivera seguro e controlado. O retoque non ten porque ser malo nin denunciable, se este non traspasa os limites da corrección, termo que dispoñemos como o momento xusto no que se agrede a integridade de alguén ou dalgún conxuno.

Enganar é unha tarefa sobriamente criticable, pero do mesmo xeito as mentiras encubertas poden chegar até ter certo seguimento, mais precisamente esta situación contempla e suscita en nós un estado de permanente alerta, ou canto menos esta é a nota dominante de parte da poboación escéptica fronte ó que os medios anuncian e predican. Noutro orde de cousas hai que saber que tamén é un perigo se co retoque promovemos modelos e estereotipos facilmente asimilables por un sector da cidadanía que poidan provocar danos lesivos na súa concepción sobre si mesmos, tal e como vimos no traballo, he aí onde os límites se establecen con máis forza e onde nos tomamos moi en serio o que vale e non vale no tema da manipulación.

Xa para rematar, cabe destacar que o feito do retoque e a modificación fotográfica non é algo recente, o único que os medios dixitais deron pé a un proceso de edición moito máis rápido e eficaz, malia todo deixamos algúns exemplos de manipulación de tempos anteriores.




La manipulación de la célebre fotografía de un soldado soviético izando la bandera con la hoz y el martillo sobre el Reichstag berlinés, en 1945, quedará al descubierto como exponente de un prehistórico fotoshop de la propaganda de Moscú.

http://www2.deia.com/es/impresa/2008/05/05/bizkaia/kultura/464675.php

Outra da URSS esta de 1917




Fotografía orixinal de 1917, no cartel do edificio pódese ler “Reloxos, ouro e prata”.



Fotografía trucada, agora lese: "Loita polos teus dereitos" no mesmo cartel. Ademáis na bandeira da fotografía orixinal agora pode lerse "Abaixo a monarquía, viva a República"

Máis exemplos ---> http://www.taringa.net/posts/noticias/2067466/fotografias-trucadas-de-la-urss.html

Vídeo na web

Este fenómeno considérase como un dos máis relevantes que ten achegado todo o mundo virtual relacionado con Internet. Dende logo que non poderiamos entendelo sen ser conscientes de que a parte novas conexións e do papel globalizador que ten amosado a rede existen outros factores que teñen provocado o éxito finalmente alcanzado. Cámaras, de todos tipos e tamaño, incluso móbiles, provocaron a democratización máis que evidente do audiovisual, o único que se precisaba entón era un soporte dado, útil para que cadaquen puidera dar o salto e achegar as súas publicacións ó maior número de persoas.

Polo tanto consideramos o fenómeno Youtube e derivados como unha achega excelente para comprender que o poder mediático non está única e exclusivamente monopolizado por prensa, radio e televisión; senón que internet para ben ou para mal ten ficado na vangarda informativa en todos os sensos, dende os rexistros máis formais até os máis desenfadados. Precisamente aquí é onde radica a diferenza co resto de soportes, no control que estes levan implícito pola súa propai condición de medio de masas que posúen unha liña editorial concreta, en contraposición internet ofrece unha marxe de expresión moitisimo máis ampla que calquera outro medio, o problema xurde entón sobre o papel ético que esa liberdade desempeña e até que punto se considera legal ou ilegal publicar certo tipo de contidos.

Ditas estas aproximacións sobre o contexto no que se desenvolve na web, dicir que o traballo dos nosos compañeiros nos serviu para compilar as diferentes formas que temos para dispor os nosos documentos audiovisuais na rede, así mesmo como estes chegan e se distribúen pola rede, do mesmo xeito como este tráfico de bytes e imaxes poden chegar a un ou outro destinatario de modos diversos e nun gran número de veces sen que nos poidamos repeler ou contradicir ese intercambio, en gran medida, por mor do uso de programas como Realplayer, que violan as barreiras da publicación e a fan accesible a calquera público.

Despois de facer ver isto, deixamos algún exemplo de youtube, deixando ver a cara que nos ofrece esta páxina en contraposición co diario da TV, ou noutro orde de cousas como os momentos máis rechamantes da pequena pantalla teñen lugar na rede, onde quedan definitivamente ancorados, como nunha inmensa biblioteca, alá van uns exemplos de personaxes que se teñen convertido en auténticos fenónmenos youtube.







viernes, 22 de enero de 2010

La animación

El trabajo de nuestras compañeras nos pareció especialmente meritorio desde su planteamiento inicial distinto al resto, lástima algunos problemas con el audio que imposibilitaron la perfecta comprensión de algunas partes. Nos ofrecieron un repaso por las principales técnicas de animación:dibujos animados,en 3D y la animación con plastilina o stop-motion. Además ejemplificaron todo ello con múltiples fragmentos de filmes, algunos especialmente divertidos (por no mencionar que también salió Pocoyó, lo cual siempre es un punto a su favor).Seguramente el hecho de tener que cortar algunos trozos sobre el montaje inicial que tenían preparado de hora y media fue la causa de no profundizar del todo en todos los temas.
La animación es un sector especialmente interesante en Galicia por su arraigo por estos lares en los últimos años como también comentaron las compañeras.

Los títulos de crédito

Este trabajo hizo un pequeño repaso por la historia de los títulos de crédito. Empezando por Griffith (lo que nos sirvió para subrayar la diferencia con los intertítulos), pasando por Saul Bass y llegando hasta nuestros días con Kyle Cooper y los míticos créditos de Seven que acompañaban a la perfección el espíritu del filme, adelantándonos la atmósfera en la que nos íbamos a sumergir. Por cierto, Cooper también es el autor de los créditos de dos videojuegos de culto como las entregas dos y tres de Metal Gear Solid. Ciertos directores tienden a la sobriedad, tal vez tratando de evitar los efectismos, es por ejemplo el caso de Woody Allen y sus célebres créditos con fondo negro, letra blanca y música de jazz.
Una debilidad personal son los de otra película de Fincher,El club de la lucha, aunque no le salieron baratos. Los 800.000 dólares gastados en ellos fueron un regalo de la productora por ceñirse correctamente al presupuesto, de otro modo, el director se habría tenido que conformar con algo más modesto. Los estudios encargados (Digital Domain) realizaron un trabajo espectacular conduciéndonos por el cerebro de Edward Norton en un viaje trepidante (también en este caso se trata de una pista sobre lo que nos encontraremos en la película).

miércoles, 13 de enero de 2010

Comunicación Visual

Deixámovos aquí o enlace ao Power Point da nosa presentación.

miércoles, 6 de enero de 2010

Hablemos de... grafismo en televisión

- De inicio decir que la elección del tema es bastante afortunada pues su especificidad tuvo que facilitar bastante el trabajo. Además todos teníamos una cultura previa sobre el tema, aunque fuese de un modo involuntario, ya que todos vemos la televisión. En definitiva: bien escogido.

- El trabajo sirvió para ponerle nombre a todos esos elementos gráficos de la programación de las cadenas que observamos día a día y sobre los que nunca nos paramos a reflexionar.

- La exposición fue en general buena. Destacamos positivamente el vídeo de inicio y el intentar ilustrar cada ejemplo con su imagen correspondiente. Algo negativo fue la fugacidad con la que se pasaron algunas diapositivas en determinado momento, tal vez deberían haber juntado varios de esos ejemplos que revestían menor dificultad en una sola diapositiva y comentarlos en bloque. Un visionado conjunto ayudaría en este caso a un mejor entendimiento de la taxonomía correspondiente. A pesar de esto, la estructuración fue en general ordenada.

- El contenido fue claro y conciso, únicamente echamos de menos un enfoque psicológico más profundo sobre los motivos que llevan a una cadena a determinadas elecciones estéticas y no a otras.

- Sobre el debate: no nos ponemos de acuerdo en cuál es la cadena que tiene el diseño que más nos gusta. Es más, el tema nos apasiona tanto que hemos acabado recurriendo a la violencia física más extrema para resolver nuestra disputa. Una vez recibida el alta médica hemos acordado que el de Intereconomía… NO es nuestro favorito.