Dándolle un poco de brío ó tema facemos a seguinte descuberta ó redor da exposición sobrea a tipografía, elemento que nos tamén tocamos dun xeito máis ou menos sintético para non pisar a exposición do grupo que compartiu hora con nós.
Así, sobre o dito admitimos:
- Que a tipografía ten unha significación máis aló da sua representación identitaria ou estrutura. A escolla dunha ou outra fonte permite unha semántica visual concreta e uns efectos sobre o lector que doutro xeito non poderían determinarse.
- Aprendimos tamén que a tipografía ven a considerarse un arte, debida a súa capacidade para facilitar a comunicación das mensaxes. Así o xogo dunha ou outra textura letrística xoga coa atención do lector.
- Descubrimos que a escolla dunha ou outra familia tipográfica configura unha identidade, sobre a que pivote un conxunto de sensacións que pervivirán sempre que manteñamos esta elección. De aí que as veces a forma destaque sobre o contido cando se trata duna mera lectura visual e non textual.
- Debemos prestar unha atencións espcial as diferentes estruturas e xustificados que podemos facer cos parágrafos, xa que todos eles teñen algún elemento positivo que á súa vez se ve contrarrestado por outro. É por iso que debemos dispoñer mentalmente que xustificación vamos usar aténdonos ó texto que estamos a referir. Non sigue os mesmos patróns a escrita dun poema que dunha texto informativo.
- Debemos ser conscientes de que malia darlle unidade a todo o noso repertorio textual hai que mirar porque cada un dos elementos integrantes, tales como o título ou as notas a pé de páxina, gocen dunha independencia relativa que garanta a función de todos eles.
Exemplo tipográfico que presenta unha identidade cultural propia a través da letra dun autor como Castelao. Construída e reutilizada en base a súa propia escritura manual
Sobre o noso tema, xa non facemos ningunha aproximación máis. A partir do debate formulado nas anterior entrada pretendemos facer máis fácil a reflexión e recopilación de elementos útiles para os futuros proxectos web. En breves penduraremos o power point dende o cal partimos para elaborar a parte oral da nosa exposición.