miércoles, 25 de noviembre de 2009

A través da tipografía: reflexión.

Dándolle un poco de brío ó tema facemos a seguinte descuberta ó redor da exposición sobrea a tipografía, elemento que nos tamén tocamos dun xeito máis ou menos sintético para non pisar a exposición do grupo que compartiu hora con nós.

Así, sobre o dito admitimos:

  1. Que a tipografía ten unha significación máis aló da sua representación identitaria ou estrutura. A escolla dunha ou outra fonte permite unha semántica visual concreta e uns efectos sobre o lector que doutro xeito non poderían determinarse.
  2. Aprendimos tamén que a tipografía ven a considerarse un arte, debida a súa capacidade para facilitar a comunicación das mensaxes. Así o xogo dunha ou outra textura letrística xoga coa atención do lector.
  3. Descubrimos que a escolla dunha ou outra familia tipográfica configura unha identidade, sobre a que pivote un conxunto de sensacións que pervivirán sempre que manteñamos esta elección. De aí que as veces a forma destaque sobre o contido cando se trata duna mera lectura visual e non textual.
  4. Debemos prestar unha atencións espcial as diferentes estruturas e xustificados que podemos facer cos parágrafos, xa que todos eles teñen algún elemento positivo que á súa vez se ve contrarrestado por outro. É por iso que debemos dispoñer mentalmente que xustificación vamos usar aténdonos ó texto que estamos a referir. Non sigue os mesmos patróns a escrita dun poema que dunha texto informativo.
  5. Debemos ser conscientes de que malia darlle unidade a todo o noso repertorio textual hai que mirar porque cada un dos elementos integrantes, tales como o título ou as notas a pé de páxina, gocen dunha independencia relativa que garanta a función de todos eles.

Exemplo tipográfico que presenta unha identidade cultural propia a través da letra dun autor como Castelao. Construída e reutilizada en base a súa propia escritura manual


Sobre o noso tema, xa non facemos ningunha aproximación máis. A partir do debate formulado nas anterior entrada pretendemos facer máis fácil a reflexión e recopilación de elementos útiles para os futuros proxectos web. En breves penduraremos o power point dende o cal partimos para elaborar a parte oral da nosa exposición.

2 comentarios:

  1. O profesor Saco elaborou un vídeo tutorial sobre Dreamweaver ó que podedes acceder a partir de USC virtual>campus virtual da Usc> e xa nesta dirección
    http://www.usc.es/campusvirtual/
    identificadesvos, buscades a materia de Deseño e buscades o tutorial.
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Aquí estaría ben a intervención do grupo que falou de tipografía.
    O resumo e as conclusións axústanse ás necesidades de estudar as distintas tipografías para poder seleccionar a familia que exprese mellor a mensaxe que se quere establecer a través do deseño. Cada deseño esixe un estilo de letra determinado e os soportes nos que se vai a expresar esa mensaxe precisan unha análise tipográfico para conseguir o obxectivo comunicacional.
    marotlo

    ResponderEliminar