O primeiro que ocupará a nosa crítica e debate será aquel referido ós logotipos, onde puidemos ver unha achega consensuada á forma e evolución do simbolismo de marca, contando coa participación de fontes exteriores, mágoa non ter visualizado a entrevista mantida polas compañeiras coas "Marujas Creativas". Dicir sobre isto, que non nos quedaron moi claros cales foron os motivos polo que elas optaron por non amosarse fisicamente. Mellor non fagamos elucubracións sobre o feito e fagámonos os entendidos ó redor do tema, enumerando as caracterísicas máis destacadas.
1. Debemos deixar claro que o logotipo é forma e texto e malia que haxa logotipos sen texto, o aconsellable é que ambas as dúas instancias estean presentes na nosa entidade de marca. Así mesmo cada un dos elementos ten a súa propia dinámica e estrutura polo que a escolla é separada pero sempre atendendo a un todo común.
2. O logotipo debe crear impacto e memorización, por moi estético que sexa, por moi revirado e barroco que chegue a ser, se só se queda niso, nunha estética superficial, non conseguirá o efecto desexado de cara o consumidor.
3. A variedade e complexidade dos iconos de marca sítúase nunha escala moi ampla e dentro da cal existen moitos contextos. O que si debemos ter en conta é que na medida do posible é aconsellable que sirva de referencia ó noso obxectivo como empresa, ó produto que traballamos, ó que ofertamos; unha excesiva abstracción pode provocar ruído semántico e imposibilitar o asentamento da figura na nosa memoria.
4. A forma dun logotipo é dinámica e polo tanto sofren cambios da man da empresa ou entidade á que representan, readaptándose ós tempos para recoller e retomar ós públicos ós que pretende seducir, así mesmo amosara unha imaxe de innovación e modernidade que contribuirá a evidenciar o progreso da entidade.
Dito isto deixamos o primeiro resumo das exposicións. En concreto sobre esta, dicir que malia ser un tema de certo concreto souberon chuchar a substancia que o tema podia ter, facendo a partes tales como a entrevista, sobre a que queda esa pexa anteriormente comentada.
E xa para rematar uns logotipos do máis curioso para evidenciar que non todo é tan sinxelo como parece.
Este logotipo da Orquestra Sinfónica de Londres, é na súa composición unha liña curvada que representa un gráfico curvo e distante que se se observa no seu conxunto organizado, da como resultado as letras ou iniciais de London Symphony Orchestra.
O logo de Cattleyard promotios é unha sinfonía interesante. Non só mestura instrumentos musicais na súa composición, senón que lle dan unha forma de vaca e ó final iso é o que representa todo o compendio de figuras e formas, unha vaca.
Unha variación linela na estrutura do logo de Seven and Six, onde unha liña fai trazos sen perder a súa continuidade orgánica e forma un 7 e un 6, ademáis do símbolo & que é un clásico.
Por agora, isto é todo.
Os logos son como linguas vivas. Crease marca, pero tamén vai evolucionando dacordo coa evolución da sociedade. Modernizándose, pero tamén mantendo a idiosincrasia inicial, primixenia. os logos comunican, ofrecen enormes dimensións de información, atraen e nos contan cousas. Daí a súa relevancia. O deseño é comunicación e todos os elementos que interveñen no proceso comunicativo teñen un significado individual e de conxunto.
ResponderEliminarmarotlo