Feita a exposición do traballo, queda a formulación do debate ó redor do mesmo. Así que primeiramente deixamos sobre a mesa unha serie de cuestións que den pé o diálogo e contraste.
1. Que debe primar á hora de afrontar o deseño da nosa web, o contido ou a estética? En que medida un ou outro? e, como facer converxer ambos?
2. Cal é o grao de descoñecemento co que un usuario se enfronta a un modelo web, escrito ou simplemente visual?
3. Que tipo de elementos priman no aspecto sensitivo, os visuais? ou os auditivos? ou no seu caso que relación existe entre os mesmos.
Saúdos e saúde, isto é todo polo de agora.
A 25 de Novembro de 2009
Estamos fronte o gran dilema do deseño, sexa o que sexa, sexa do sector que sexa. Sempre habería que pensar nas dimensións de comunicación que se quere establecer e o impacto que se quere conseguir. Hai situacións que a comunicación se move en planos emocionais, no que a marca dilúese nunha mensaxe de obxectivos e superacións de carácter paixón ou sentimento. Sería o deseño emocional. Hai outros productos no que a efectividade é máis directa, busca unha reacción ou interacción inmediata.
ResponderEliminarSempre sería necesario buscar o equilibrio. pero o equilibrío é unha cuestión de análise, documentación, establecemento de prioridades ou obxectivos, coñecemento do produto, coñecemento do público obxectivo e coñecemento dos elementos que interveñen no deseño.
Agardo o debate
marotlo