sábado, 23 de enero de 2010

Retoque Fotográfico

Primeiramente felicitar ós compañeiros pola súa exposición, ben exemplificada, amena e entretida como non podía ser menos. Despois dicir que o tema que escolleron trae cola e podería levarse por múltiples vieiros segundo o tipo de fotografía, o contexto no que está inscrita e implicación moral que esta pode ter segundo o emisor e o destinatario do documento, así mesmo e sempre dende unha óptica persoal consideramos que non hai nada de malo nun retoque xustificado, e en maior ou menor medida aí reside a graza do xogo fotográfico que o autor desta entrada compara co exercicio dun árbitro, ó que se en vez de dispolo diante das xogadas e confiar no seu instinto e xuízo se lle puxera unha cámara onde todo estivera seguro e controlado. O retoque non ten porque ser malo nin denunciable, se este non traspasa os limites da corrección, termo que dispoñemos como o momento xusto no que se agrede a integridade de alguén ou dalgún conxuno.

Enganar é unha tarefa sobriamente criticable, pero do mesmo xeito as mentiras encubertas poden chegar até ter certo seguimento, mais precisamente esta situación contempla e suscita en nós un estado de permanente alerta, ou canto menos esta é a nota dominante de parte da poboación escéptica fronte ó que os medios anuncian e predican. Noutro orde de cousas hai que saber que tamén é un perigo se co retoque promovemos modelos e estereotipos facilmente asimilables por un sector da cidadanía que poidan provocar danos lesivos na súa concepción sobre si mesmos, tal e como vimos no traballo, he aí onde os límites se establecen con máis forza e onde nos tomamos moi en serio o que vale e non vale no tema da manipulación.

Xa para rematar, cabe destacar que o feito do retoque e a modificación fotográfica non é algo recente, o único que os medios dixitais deron pé a un proceso de edición moito máis rápido e eficaz, malia todo deixamos algúns exemplos de manipulación de tempos anteriores.




La manipulación de la célebre fotografía de un soldado soviético izando la bandera con la hoz y el martillo sobre el Reichstag berlinés, en 1945, quedará al descubierto como exponente de un prehistórico fotoshop de la propaganda de Moscú.

http://www2.deia.com/es/impresa/2008/05/05/bizkaia/kultura/464675.php

Outra da URSS esta de 1917




Fotografía orixinal de 1917, no cartel do edificio pódese ler “Reloxos, ouro e prata”.



Fotografía trucada, agora lese: "Loita polos teus dereitos" no mesmo cartel. Ademáis na bandeira da fotografía orixinal agora pode lerse "Abaixo a monarquía, viva a República"

Máis exemplos ---> http://www.taringa.net/posts/noticias/2067466/fotografias-trucadas-de-la-urss.html

10 comentarios:

  1. polas fotos da URSS deducimos un toque un tanto comunista neste grupo.

    ResponderEliminar
  2. eu tamén creo que esta entrada ten un cheiro comunista XD

    eu tamén penso que o retoque é una cuestión que se pode medir segundo a intención e se traspasa ou non os limites da correción.

    buacando a wally

    ResponderEliminar
  3. Quedamos definitivamente o mércores 7 de abril, a partir das 16:30 para, en primeiro lugar, subir os proxectos ó servidor e, a continuación, facer a presentación da páxina: que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades. Unha breve presentación para que despois se poidan avaliar cada proxecto individualmente (nada de grupo).
    Tampouco vou esquecer revisar os blogs e ver se fustedes incorporando os resumos de cada exposición.
    As titorías neste cuadrimestre son: martes, de 18:00 a 20:30 e mércores, de 10:30 a 14:00 horas.
    Lembrade tamén de usar o meu correo electrónico, e o de Fran para dúbidas sobre flash.
    Os días 8, 9, 10, 15, 16 e 17 polas tardes, Fran andará (bó os dous) pola Facultade.
    Se precisades que quedemos nalgún momento algunha clase máis, non habería problema. só temos que poñernos dacordo todos e todas.
    ánimo
    marotlo, (23/02/10)

    ResponderEliminar
  4. Último e definitivo cambio.
    Cita: luns, día 12 de abril, ás 16:30, na AI6.
    Programa de festas:
    1. subir os proxectos ó servidor
    2. facer a presentación da páxina (que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades). Unha breve presentación o magnífico traballo realizado (para un sobresaliente)
    3. avaliar cada proxecto individualmente e poñendo unha nota real, non de amigos.
    marotlo (25/2/10)

    ResponderEliminar
  5. O enderezo de Salpicón de mariscos está mal. Continúa coa primeira URL, que non funcionaba.
    marotlo

    ResponderEliminar
  6. Quero que nos vexamos como mínimo 4 veces, antes da entraga do proxecto, para que me comentedes como vai o traballo. En titorías ou noutro momento que estea pola facultade e non teña clase. Podemos fixar as citas a través do correo electrónico.
    marotlo

    ResponderEliminar
  7. Moi mítica esa foto trucada, pero xa que falamos da URSS deberíades engadir a foto na que se eliminou a Trotsky no discurso de Lenin de 1920.

    ResponderEliminar
  8. cheira a vermello XD

    curiosa esta aportacion ao traballo dos compañeiros


    saudossssssss

    ResponderEliminar
  9. Antes de dar paso ás calificacións, agradecervos o voso esforzo, o voso traballo e a vosa paciencia, aínda que sempre hai algunha persoa que destaca por todo o contrario.
    En liñas xerais, os proxectos esixíronvos ideas, tempo e considerables enfrontamentos cos programas. Por suposto, tamén aquí hai graos a pesar de que se supuña que eran traballos en equipos. Non todos os mebmros dos equipos responden da mesma maneira. Pero isto tamén se percebe.
    Moitas grazas pola vosa colaboración, obrigatoria, eso sí, pero colaboración e interese demostrado, ó fin e o cabo.
    En xeral, houbo dinamismo, creatividade e ganas de facelo ben.
    Só desexo que podades cumprir metas e obxectivos.
    marotlo

    ResponderEliminar
  10. Debido a ciertos problemas con la web SMDb, que mañana viernes, cuando volvamos a subirla, ya estarán solucionados, sus responsables os rogamos que consideréis para la valoración su versión definitiva, si no es demasiada molestia o ya la habéis publicado y pasais de cambiarla. Gracias de antemano.

    ResponderEliminar