Este fenómeno considérase como un dos máis relevantes que ten achegado todo o mundo virtual relacionado con Internet. Dende logo que non poderiamos entendelo sen ser conscientes de que a parte novas conexións e do papel globalizador que ten amosado a rede existen outros factores que teñen provocado o éxito finalmente alcanzado. Cámaras, de todos tipos e tamaño, incluso móbiles, provocaron a democratización máis que evidente do audiovisual, o único que se precisaba entón era un soporte dado, útil para que cadaquen puidera dar o salto e achegar as súas publicacións ó maior número de persoas.
Polo tanto consideramos o fenómeno Youtube e derivados como unha achega excelente para comprender que o poder mediático non está única e exclusivamente monopolizado por prensa, radio e televisión; senón que internet para ben ou para mal ten ficado na vangarda informativa en todos os sensos, dende os rexistros máis formais até os máis desenfadados. Precisamente aquí é onde radica a diferenza co resto de soportes, no control que estes levan implícito pola súa propai condición de medio de masas que posúen unha liña editorial concreta, en contraposición internet ofrece unha marxe de expresión moitisimo máis ampla que calquera outro medio, o problema xurde entón sobre o papel ético que esa liberdade desempeña e até que punto se considera legal ou ilegal publicar certo tipo de contidos.
Ditas estas aproximacións sobre o contexto no que se desenvolve na web, dicir que o traballo dos nosos compañeiros nos serviu para compilar as diferentes formas que temos para dispor os nosos documentos audiovisuais na rede, así mesmo como estes chegan e se distribúen pola rede, do mesmo xeito como este tráfico de bytes e imaxes poden chegar a un ou outro destinatario de modos diversos e nun gran número de veces sen que nos poidamos repeler ou contradicir ese intercambio, en gran medida, por mor do uso de programas como Realplayer, que violan as barreiras da publicación e a fan accesible a calquera público.
Despois de facer ver isto, deixamos algún exemplo de youtube, deixando ver a cara que nos ofrece esta páxina en contraposición co diario da TV, ou noutro orde de cousas como os momentos máis rechamantes da pequena pantalla teñen lugar na rede, onde quedan definitivamente ancorados, como nunha inmensa biblioteca, alá van uns exemplos de personaxes que se teñen convertido en auténticos fenónmenos youtube.
sábado, 23 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
boa elección de vídeos
ResponderEliminar