viernes, 9 de octubre de 2009

Ao límite

2/5,5 Patas de Coello

De primeiras cando un chega a este espazo atópase cunha fascinazión de notas e cores que máis ben parecen parte dun 24 h., notamos unha sobrecarga visual importante, porque ademáis toda ela atópase nun plano estático, fáise enorme o deseño da páxina, e aínda que todos os elementos presentes gocen dunha visualidade importante un non sabe moi ben para onde tirar cando se atopa con algo así, ademáis parte dos apartados que se presentan en primeira instancia son só un reclamo visual e non atopan ningunha utilidade precisa.


Temáticamente está centrado nun comezo pero logo nun intento por abarcar todo tipo de aspiracións sobre un ser tan sumamente polisémico como o universitario aparecen apartados ben estruturados e outros que son un auténtico caos semántico, con excesiva información para determinados apartados, así mesmo a estética e bastante clásica e rudimentaria, pero iso xa son procedementos técnicos que non debemos entrar a valorar de xeito tan exhaustivo. O tema está tratado con bastante humildade e de forma pouco coidada, se vamos tomar algo tan cercano a nós, fagámolo pero non de xeito tan simple, senon con cuestións tales como as que se presentan pero cun tratamento canto menos de cáliz humorístico, engarzado con algo de ironía ou algún recurso a parte. Hai unha gran variedade de cuestións tratadas pero falta estruturalas dun xeito eficaz, quizais a propia estrutura é o feito que non queda moi claro dende o comezo.

Útil, pero sen pasarse, gracioso pero sen fartarse a rir, e modesto pero sen chegar a ser cutre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario