Dentro da percepción primeira que se pode ter deste deseño, cabe destacar a seriedade e simpleza da estrutura, tanto na súa forma coma no seu contido. Se nos atemos ó tema que trata, sabemos que o minimalista quédase nunha expresión do ámbito xeral, espido de calquera elemento sobrante. Visto isto parécenos que tema e contido van da man, mais quizais esa carencia ou axuste excesivo de elementos poden provocar indiferenza ou deixadez para quen se atreva a lelo. De todas formas a orde dos elementos e o contido propio que cada un dos apartados ten deixan ver unha unidade propia de toda a web en xeral.
A orientación teoricamente empresarial que aparece nalgún dos apartados encadra coa estética propia do sitio, que fuxe dunha imaxe excesivamente recargada ou con elementos que poidan ter un caracter secundario ou prescindible. Supoñemos que tratándose dun ente organizativo con fins económicos non estaría mal incurrir no feito da presenza de algúns proxectos feitos aínda que foran concibidos dende unha óptica ficticia. En canto á capacidade comunicativa, textualmente está ben dotada mais no visual carece dalgunha presentación básica ó comezo da web, ou algo que sirva de gancho específico para a posterior lectura do espazo. Parece falto de traballo constante, e contempla unha atmosfera bastante atemporal, xa que non da sensación de continuidade con ningún elemento básico de medición do tempo coma un calendario, algunha data destacada para a propia empresa á que identifica, así mesmo non recibe demasiado interese os temas presentados se estes non teñen unhas ligazóns propias que amplíen a capacidade do tema tratado. Está ben a síntese, pero usada como feito primeiro, se despois non somos quen de encadear estes apartados ó resto das informacións quedan bastante soltas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario